Loading

Eduard Velasco debuta na novela

Charlamos co escritor Eduard Velasco sobre a súa primeira novela publicada, Os días felices de Benvido Seixas, unha sorte de caricatura de dous eidos antagónicos da sociedade galega actual que vén de editar Xerais e que promete unhas boas gargalladas aos lectores. “A pretensión da novela é pasalo ben, rir e que rían os lectores tamén”.

A Malaherba de Manuel Jabois

Falamos co xornalista e escritor Manuel Jabois, que ten nova novela, Malaherba. En realidade, para el é como a súa primeira obra de ficción, xa que escribiu moi novo A estación violenta. Agora, regresa á liberdade creativa coa historia dun rapaz de 10 anos que namorisca dun veciño e comeza descubrir cousas como a morte e o sexo.

Premio para Man de Camelle

Man de Camelle, o anacoreta que decidiu vivir ao pé do mar nos anos 60 e que morreu alí coa catástrofe do Prestige, é unha das grandes personaxes da historia recente de Galicia. A pintora Carmen Hermo fai un achegamento ao artista contemporáneo no libro de debuxos que vén de publicar Kalandraka.

Lucía Aldao

Primeiro poemario de Lucía Aldao

Lucía Aldao (A Coruña, 1982) conversa con nós sobre o seu primeiro libro, Todo isto antes era noite, un poemario moi agardado nas letras galegas. E á vez moito máis que un conxunto de poemas. Un poemario que leva quince anos crecendo na oralidade e enriquecéndose das vivencias da súa autora.