Loading

Unha noite de nostalxia bravú

Unha noite de nostalxia bravú. Iso mesmo viviuse o sábado á noite na Gentalha do Pichel, con motivo do concerto duns referentes do movemento, Rastreros, de Chantada, acompañados pola banda tributo ao Xabarín de nome políticamente incorrecto, os Collón de Lola. Velaquí o noso pequeno aínda que sentido homenaxe o porco bravo no seu 25 aniversario. Oink!

Vortex, o mellor LP de Toundra

A banda de post rock Toundra segue a presentar Vórtex, o seu mellor LP ata a data. Falamos co seu guitarrista Esteban Girón sobre o proceso de creación, a súa recente xira europea, a posibilidade de que volvan a xuntarse con Niño de Elche nese “proxecto especial” que é Exquirla, e a súa infancia marcada polo Xabarín Club e En Xogo Goles.

Unha achega galega ao theremin

O inventor ruso León Theremin inventou o instrumento ao que lle dá nome a comezos do século XX. En pleno século XXI, Paulo Pascual aka Modulador de Ondas ten unha colección deles na casa. Tamén dá clases deste máxico aparello en Vigo e publicou Planeta Theremin, o primeiro LP dun thereminista galego con este instrumento como solista.

Coque Malla e Iván Ferreiro

Semana grande en San Vicente

A oferta máis potente de concertos da semana en Galicia estará no Náutico de O Grove. Clásicos como o Leiva Vs. Ferreiro, novas voces como Alice Wonder, veteranos como Coque Malla ou rockeiros como Mi Capitán e León Benavente están convocados fronte a praia da Barrosa nun dos mellores escenarios posibles para escoitar música.

Sinsal de San Simón

Nova edición do festival Sinsal da Illa de San Simón. Un festival que ten como máxima non facer público o seu cartel, ser diúrno e estar ubicado no fantástico espazo da illa de San Simón. Nas pasadas edicións actuaron Alt-J, Ariel Pink, Wire ou Dan Deacon, o que da boa conta do magnífico criterio de selección da organización.

Joaquín Sabina

Sabina sempre volve a A Coruña

SÁBADO | 22:30 | COLISEO

Joaquín Sabina regresa a A Coruña só nove meses despois de encher por dúas veces consecutivas o Coliseo. O cantautor de Úbeda presentará os temas de Lo niego todo, o seu último disco, que está moi lonxe dos seus mellores traballos.