Loading
MIIC

Ilustradores de renome na MIIC

LUN-DOM | VARIAS HORAS | AFUNDACIÓN

A sede Afundación de Santiago acolle a II Mostra Internacional de Ilustración contemporánea (MIIC), que conta con máis de 200 obras de artistas recoñecidos no panorama nacional e internacional. Destacan Christoph Niemann, María Hesse ou Lara Lars.

Sofía e as Postsocráticas

Sócrates e a violencia machista

MAR-DOM | VARIAS HORAS | SALÓN T.

Tras a súa estrea en Vigo, Sofía e as Postsocráticas, a última produción de Inversa Teatro, chega esta semana a Santiago, onde se poderá ver en oito sesións. Platón, Sócrates e Aristóteles, interpretados por tres mulleres, analizarán sobre as táboas a violencia machista.

Ayax sen Prok na Capitol

SÁBADO | 20:00 | SALA CAPITOL

Ayax chega á sala Capitol para presentar o seu debú en solitario: Cara y Cruz. En Compostela non vai estar Prok, a outra metade do dúo de hip-hop que os fixo tan populares en España. Como na maioría dos seus shows, as entradas están esgotadas.

Camilo e Díaz Pardo

Con Galiza sempre no horizonte

LUN-SÁB | VARIAS HORAS | FONSECA

Con Galiza sempre no horizonte é o título da mostra que explica os 16 anos que Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo viviron en Santiago entre 1920 e 1936. A expo conta con abundante documentación da época e amplíase expoñendo a labor posterior de Isaac.

Dezanove espectáculos teatrais no Galicia Escena Pro 2018

Galicia Escena Pro, a feira das artes escénicas do noso país, celebrarase en Compostela entre o 11 e o 14 de xuño. Dezanove pezas teatrais dalgunhas das mellores compañías galegas representaranse en catro escenarios santiagueses: a Fundación SGAE, o Auditorio Abanca, o Teatro Principal e o Salón Teatro.

Melona Fest de Compostela

A terceira edición do Melona Fest terá lugar entre o 4 e o 8 de abril en diferentes salas e espazos da cidade de Santiago.  Contan cun cartel completo e variado, que está encabezado polos madrileños Esplendor Geométrico, a lisboeta Nídia e o conxunto de Quins Emilio José e Os Indígenas.