Loading

Cortapega, de Santiago

Cortapega, o festival de música electrónica de Desconcierto Cultural, chega á súa quinta edición. O evento xa está máis que consolidado e, progresivamente, foi desprazando os seus postulados estéticos cara formas musicais máis arriscadas. O cartel que presentan este ano é, probablemente, a proposta máis arriscada non só do festival, senón de todo canto ten programado esta asociación sen ánimo de lucro. A escolma deste ano trae á Malatesta de Santiago a Container, Huma, Allova, Boneco e Músculo!

Caudal Fest

Caudal Fest de Lugo

Nace un novo Festival, o Caudal Fest de Lugo, que se celebrará o venres 21 de setembro (de balde) e o sábado 22 (entradas a 35 euros) nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense. O cartel do evento está encabezado por Vestusta Morla e Iván Ferreiro, e ten unha boa representación galega, con bandas como Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Berta Franklin ou Igloo.

FICBUEU

Curtas de vangarda no FICBUEU

Undécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Un evento de referencia para o audiovisual en Galicia que enche de cinema, música en directo e faladoiros esta localidade do Morrazo do 7 ao 15 de setembro. Máis de 2.200 curtas de ata 100 países presentáronse para participar nesta edición, un récord que indica a boa saúde da que goza esta cita co cinema de vangarda.

WOS Festival, de Santiago

Nova edición do WOS Festival de Compostela. Cine, conferencias, arte e, sobre todo, música van inundar a capital galega entre o 12 e o 16 de setembro. O cartel, máis arriscado que nunca, é máis importante pola suma de todos os nomes que polos artistas individuais. Nesta edición actuarán, entre outros, Laurel Halo, Oddisee, Spectrum, The Bug e Skee Mask.

Festival da Luz, de Boimorto

Nova edición do Festival da Luz de Boimorto. Un evento que ofrece moita música e de estilos moi variados. Entre outros folk, blues, rock ou hip-hop. Entre os artistas destacados desta edición están Os resentidos, Elliott Murphy, Josele Santiago, Sex Museum, Kase.O, Christina Rosenvinge e Sr. Chinarro. Este ano a recadación de taquilla destinarase á loita contra os lumes e á construción e equipamento de salas de rehabilitación na residencia de centro de día para persoas maiores do concello de Boimorto.

Arteficial

Arteficial de Ribadavia

O 1 de setembro celébrase a nova edición do festival Arteficial. Un evento pequeno, pero moi coidado e que busca sortear os lugares comúns doutros carteis. A proposta deste ano é moi ecléctica, e nela destacan a brasileira Labaq, o luso-angoleño Chalo Correia ou o supertrío con base en Cataluña Big Ok. Todos os concertos celébranse nun entorno privilexiado: o fermoso casco histórico da vila de Ribadavia.

Noroeste de A Coruña

Nova edición do Festival Noroeste de A Coruña: unha aposta por facer cidade. Entre os grandes nomes destacan Belle and Sebastian, The Pretenders e Temples. Entre as súas credenciais están o espallamento das actuacións por todo o plano da cidade, apostar polas mulleres, apoiar sen miramentos á escena galega, situar á Coruña no mapa de festivais a ter en conta dentro da xeografía española e lograr un difícil equilibrio entre o underground e o mainstream.

Festival Ribeira Sacra

Festival Ribeira Sacra

A 17 edición do Festival Ribeira Sacra volverá levar a mellor música a lugares tan únicos como o Mirador de Santiorxo ou a un catamarán polos Canóns do Sil. Coque Malla é o nome máis popular da edición, pero nós recomendamos, sobre todo, a Woods. Morgan, Ten Fé, Holly Miranda ou Elvis Perkins completan o cartel.

Sinsal de San Simón

Nova edición do festival Sinsal da Illa de San Simón. Un festival que ten como máxima non facer público o seu cartel, ser diúrno e estar ubicado no fantástico espazo da illa de San Simón. Nas pasadas edicións actuaron Alt-J, Ariel Pink, Wire ou Dan Deacon, o que da boa conta do magnífico criterio de selección da organización.

Atlantic Fest da Illa de Arousa

Nova edición do Atlantic Fest, un festival que alén da música destaca polo seu emprazamento nunha contorna de extraordinaria beleza: a Illa de Arousa. A diversidade de estilos configura un cartel para todos os gustos: Kaiser Chiefs, María Arnal e Yung-Beef son algúns dos artistas destacados.

Resurrection Fest de Viveiro

Este mércores comeza a demimoterceira edición dun dos festivais de metal máis importantes do mundo, o Resurrection Fest. Viveiro, a fermosa vila da mariña luguesa, é parada obrigatoria para os seareiros da música máis dura. O seu cartel combina con nostalxia e novidade, hardcore, metal e punk

Morrasound

Super Bock Morrasound de Moaña

O venres e sábado 6 e 7 de xullo celebrarase en Domaio o Super Bock Morrasound, un festival que conta con Guadalupe Plata e Los Deltonos como cabezas de cartel, e unha aposta polas bandas galegas liderada por Agoraphobia, The Soul Jacket, Ruxe-Ruxe e Sés.

Portamérica de Caldas de Reis

Vetusta Morla, Imelda May, Izal e Xoel López encabezan a nova edición do Portamérica de Caldas de Reis. Esta edición sobresae pola incorporación dun bo número de conxuntos latinoamericanos e, tamén, por contar coas Pussy Riot, activistas feministas rusas.

O Son do Camiño

O Son do Camiño de Compostela

Primeira edición de O Son do Camiño, un evento que comeza a quentar o Xacobeo 2021. Naceu con polémica polos 3 millóns de euros que a Xunta achegou aos organizadores. The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinand e Jamiroquai son os cabezas de cartel, pero nós preferimos outras das propostas, como Two Door Cinema Club, Mando Diao, Residente, ou Bala, Agoraphobia e Triángulo de Amor Bizarro entre os galegos.

Fisterra Blues Experience

Fisterra Blues Experience

O Fisterra Blues Experience, o festival de blues da fin do mundo, celebra entre o venres e o domingo a súa segunda edición cun cartel no que destaca a presenza do músico de Denver Corey Harris, unha das grandes figuras do blues actual a nivel mundial.

Festival de Cans

Volve o Festival de Curtametraxes de Cans. Este ano celebra quince anos. Ademais das curtas, exhibiranse longametraxes, haberá concertos,  organizaranse roteiros culturais e celebraranse coloquios con Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Borja Cobeaga

FIV de Vilalba

O FIV celébrase en Vilalba o 27 e 28 de abril. Lori Meyers, Carlos Sadness e Xoel López encabezan o cartel. O festival, que sempre destacou a nivel organizativo, está xa completamente consolidado e esgotou os abonos e entradas de día por terceiro ano consecutivo.

Play-Doc

Play-Doc de Tui

Play-Doc, o festival internacional de cinema documental de Tui, arranca o xoves 26 de abril a súa decimo cuarta edición. A programación completa, ademáis de películas, inclúe encontros con programadores, seminarios, obradoiros e concertos. Seis días para disfrutar de filmes e cultura en xeral nunha localidade excepcional.

Melona Fest de Compostela

A terceira edición do Melona Fest terá lugar entre o 4 e o 8 de abril en diferentes salas e espazos da cidade de Santiago.  Contan cun cartel completo e variado, que está encabezado polos madrileños Esplendor Geométrico, a lisboeta Nídia e o conxunto de Quins Emilio José e Os Indígenas.

Super Bock Under Fest

Super Bock Under Fest de Vigo

Nace un novo festival en Vigo: o Super Bock Under Fest. Entre os artistas internacionais confirmados destacan Benjamin Clementine, Myles Sanko, King Khan & BBQ Show, Rex The Dog e Romare. No apartado nacional, encabezan o cartel clásicos como Australian Blonde e artistas actuais como Fuckaine, Soledad Vélez ou Cápsula.