Loading
A muller semtada

Un cadro: A muller sentada, de Carlos Maside

Lembramos a Carlos Maside, un dos grandes mestres da arte galega. E facémolo recuperando unha das súas obras máis representativas. Unha das obras clave do Movemento Renovador. A muller sentada é a pintura que mellor define a estética do granito, coa que os renovadores adaptan os postulados da vangarda histórica coa tradición plástica da Galicia popular.

Un libro: Intempériome, de Xela Arias

O 4 de marzo Xela Arias tería cumprido 56 anos. Unha das poetas máis brillantes e anovadoras da literatura galega deixounos moito antes do que tocaba. Como Lois Pereiro. Ou Luisa Villalta. Deixounos catro poemarios breves e lúcidos, complexos e cativadores. Destacamos a súa obra derradeira, Intempériome, nesta nova sección na que queremos render humilde homenaxe a libros, obras de arte e cancións da cultura galega que nos apaixonan.