Loading
A Cabeza do Dragón

O TAC únese a A Cabeza do Dragón

  A Cabeza do Dragón

  Producións Excéntricas 

  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela

Venres, 29 de xuño. 20:30 

  12€

Non lles importa competir con O Son do Camiño nin con Ringo Starr. A Cabeza do Dragón, un dos mellores espectáculos teatrais galegos dos últimos meses, redobra a súa aposta este venres no Auditorio de Galicia en Compostela. Estarán acompañados coa música en directo do TAC (Taller Atlántico Contemporáneo). Serán oito actores e oito músicos sobre o escenario para unha función única da obra dirixida por Quico Cadaval. Unha boa oportunidade para ver en directo ao actor do momento en Galicia, Iván Marcos, gañador do María Casares ao mellor protagonista polo seu papel. Unha obra que pasará a historia por ser a primeira adaptación de Valle Inclán en galego.  

  Infórmate:

  A Cabeza do Dragón na web de Excéntricas

  Crítica da obra en Erregueté

  Reproduce:

  Mira: